Spike Tv. Un healthy breakfast con freixós, panceta e ovos fritidos

ANÁLISE DO ANUNCIO
O rexisto visual
- As imaxes: no comezo do anuncio céntranse nos freixós, pero máis tarde o protagonismo é cedido as dúas protagonistas, quen bailan e gozan con eles. Ciñéndonos ós encadres tomados das dúas rapazas, colle destacar os primeiros planos dos peitos. Outras veces aparecen planos de detalle das caras das rapazas, para destacar como acenan e gozan xogando cos alimentos.
- Os obxectos: Os freixós son os obxectos non animados de carácter principal, no primeiro plano do spot, ocupan un lugar central e van cedendo protagonismo a favor das dúas rapazas, ainda que seguen aparecendo en case todas as secuéncias do anuncio. Poden considerarse obxectos secundarios os utensilios de cociña utilizados polas dúas mulleres (un batedor, un recipente, unha espumadeira e unha tixela), todos eles de carácter metálico.
- As personaxes: Dúas mulleres en bikini, unha delas loira e a outra morena, son as únicas personaxes existintes no anuncio. O máis destacado delas, é a indumentaria empregada, ademáis do contraste existente entre ambas, xa mentres unha delas é de tez branca e pelo loiro, a outra morena de pel e cabelo.
- As cores: Ao princípio do spot destaca un xantar típico norteamericano, sobre un fondo verde. No seu desenvolvemento, o máis relevante no que atinxe ás suas cores, é o contraste entre o fondo da imaxe (nunha cor apagada e fría) e a viveza cromática dos alimentos e da vestimenta das rapaces (en ton verde e vermello respectivamente). Saltando deste modo á vista do espectador, os freixós (móbil do anuncio) e as rapazas.
Colle destacar a cor gris metálica dos instrumentos de cociña que "empregan" as mozas ao longo do anuncio. Por último, no fondo do final emprégase unha cor similar ao do caramelo para relacionar cos freixós, no que aparece unha xarra derramando un líquido que semella ser caramelo sobre o logotipo do canal ( Spike TV)
- Os grafismos: A healthy breakfast: É o slogan do anuncio que significa en castelán, "un almorzo saudabel". neste almorzo aparecen catro ovos fritidos e catro lonchas de bacón. Ademáis, ao final do anuncio, aparece o logotipo do canal (Spike TV)en cor caramelo.
O rexisto sonoro
- O código verbal: Non se fala ao longo do anuncio, xa que as dúas rapazas se limitan a xogar cos alimentos.
- A música: Desenvolve un papel transcendental no spot, xa que é o único rexisto sonoro do mesmo. Ao comezo do anuncio, pódese apreciar un son similar ao canto dun páxaro. Posteriormente, comeza unha melodia de carácter envolvinte, ameno e familiar, que comeza con uns coros de voces femininas, aos que se une a voz cantante, masculina, que é a encargada de cantar a simpática melodia. Destaca a coherencia existinte entre a melodia e os movimentos das rapazas. Colle comentar, que nos últimos compases do anuncio, escoitamos o coro de mulleres cantando o nome da cadea de televisión.
Análise e comentário do conteúdo
Entendemos que o significado do spot pretende ser, a promoción dun programa de televisión da cadea ameno que se emite á hora do almorzo e vai dirixido a un público masculino. De aí, a presenza das rapazas en bikini xogando co almorzo. no anuncio, as mulleres son presentadas como dous modelos principais:
1. Obxecto sexual: as mulleres están lixeiras de roupa, executando movimentos insinuantes que poden ser similares aos que se realizan durante o acto sexual.
Exemplos:
- Empregan os instrumentos de cociña coma micrófonos, tamén as barras de pan;
- Loitan entre elas a modo de esgrima, usando as barras de pan como espadas. Este detalle, pode lembrar ás loitadoras do barro, prática machista.
- Os chiscos de ollos das mulleres poden resultar provocadores e incitadores.
- A muller morena morde un freixó de maneira suxerinte.
- A muller loira se coloca dous freixós para tapar os seus peitos.
- En todo momento, trátase de mostrar, cuns obxectos ou outros, algunha referéncia ao órgano sexual masculino (instrumentos de cociña, barras de pan )
2. Ama de casa: as mulleres móstranse como cocineras, ao servizo do home para desempeñar as tarefas domésticas na súa totalidade, pero sempre este segundo modelo subordinado ao primeiro, xa que no anuncio curmá o modelo de muller como obxecto sexual.
Baixo o noso punto de vista, non comprendemos a finalidade do anuncio, xa que baixo o pretexto de difundir un almorzo típico en Norteamérica, saudabel e lixeiro, colocan ás mulleres como mero obxecto para a satisfación masculina. O xogo destas cos alimentos pode ser unha retranca cara a cociña divertida, ou tamén cara outro enunciado: "Non xogues coa comida, faina ". A imaxe da muller vése totalmente distorsionada, e este spot é denigrante para a muller, porque as maltrata física e moralmente. A sensualidade, a diversión e o goce que transmiten as mulleres son as ideas que os criadores do spot escolleron para captar a atención dos espectadores, e así lograr unha maior audiencia.
1 comentario
David -
Otro ejemplo claro de explotación de la mujer en la publicidad es en los salones de automovilismo, en el stand de las marcas como Porche o Ferrari, siempre está una chica alta, guapísima, normalmente rubia, tirada sobre el maletero o el capot a modo de accesorio del coche. Hablando de coches, me gustaría que me comentaras el grado de explotación sexual del género femenino en un anuncio de hace tres o cuatro años, el del Citroën Shara, en el que una famosísima modelo Alemana se va quitando la ropa al tiempo que se acerca al preciado coche, sacando la úlitma prenda de ropa en el momento que entra en el interior del turismo. A nada que reflexione, se me ocurren muchos anuncios donde aparecen chicas insinuantes, la verdad que no es tan sencillo saber dónde es machismo o dónde es simplemente seducción.